
Aprender a estudar implica adquirir un conxunto de destrezas que ten que se adaptar ás características de cada persoa, sobre todo no caso do alumnado con necesidades educativas especiais. En Acume traballamos sempre desde a atención individualizada, o que implica que os nosos grupos sexan moi reducidos.

O desenvolvemento da autonomía parécenos un dos obxectivos clave do apoio educativo. Por iso, en Acume axudamos a planificar e organizar as tarefas diarias, e estimulamos a creación de hábitos de traballo, á vez que proporcionamos as ferramentas necesarias para a aprendizaxe de técnicas de estudo.
Vivir non é outra cousa que arder en preguntas. Antonin Artaud, en "L'Ombilic des Limbes"